17/12/17
11/12/17
28/11/17
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Por este motivo e dado que no noso centro temos compañeiros/as con distintas discapacidades: Asperxer, cegueira, autismo, parálise cerebral... mercamos libros para que vos informedes sobre estas discapacidades e tamén contos para compartir con eles/as.
Aquí tendes un conto que non podedes deixar de ver pero non esquezades de tocar.
07/11/17
04/11/17
Grazas, Adriana
03/11/17
CONTOS QUE METEN MEDO
25/10/17
24/10/17
XA FAI UN ANO!!!
Pois que cheguei a
vosa biblioteca para quedarme con todos vós e levarvos polo marabilloso mundo
dos libros.
Creo que o estamos
facendo moi ben pois cada día son máis os nen@s que vindes visitarme e iso é marabilloso
Hoxe recibín un
agasallo : unha morea de cartos(PLAMBE) para poder mercar moitos libros e
algunhas outras cousas que vos irei mercando pouco a pouco.
Seguídeme
visitando e estade moi atentos …
Dia das bibliotecas escolares
Hoxe, 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares e na nosa biblioteca tivemos unha sorpresa.
A RATIÑA CONCHITA recibiu un agasallo.
Era un paquete que viña do PAIS DOS LIBROS e como non podía ser doutro xeito nunha biblioteca, era unha caixa chea de libros.
No recreo abrímola caixa con moita ilusión e despois os deixamos no expositor das novidades para que non só os lea a RATIÑA CONCHITA .

Ela para celebrar este día déixanos este agasallo virtual:
A RATIÑA CONCHITA recibiu un agasallo.
No recreo abrímola caixa con moita ilusión e despois os deixamos no expositor das novidades para que non só os lea a RATIÑA CONCHITA .


Ela para celebrar este día déixanos este agasallo virtual:
23/10/17
Contos que meten medo!
Na semana do 30 de outubro ao 3 de
novembro celebraremos o SAMAÍN no colexio.
Este
curso teremos o I Concurso de CONTOS QUE METEN MEDO ! no
que colabora o EDL.
Poderá
participar todo o alumnado de forma individual e os mais pequenos de
forma colectiva, por aula.
A
data para entregar os vosos traballos, os contos, é o 30 de
outubro.
Para
que vos ambientedes, o equipo de biblioteca decorou a biblioteca e fixo unha
selección de libros(contos, poemas...)
19/10/17
Un agasallo
Hoxe chegáronme unhas
fotos que me deixaron abraiada!
Na MOCHILA VIAXEIRA que FELIX levou para
compartir coa súa familia viña unha ratiña que se parece moito a min.
A fixo a súa mamá
para que me faga compañía na biblioteca, así que me puxen moi, moi leda.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)