16/10/26

Maleta temática

              Bos días Ratiños e ratiñas: 

        Teño ounha sorpresa para vós!

    Chegou á nosa bibliotedca unha maleta temática chea de libros sobre o clima e o noso planteta. Nela         atoparedes historias, curiosidades e moitas ideas para descubir como funciona o clima . A maleta estará     connosco durante aproximadamente un mes, así que teremos trempo para explorala e aprender un     montón de cousas interesantes.

    Os libros están expostos neste recuncho da biblioteca e podedes collelos para lelos e desfrutalos aquí, na     biblioteca. 

    Porque coñecer o noso planeta é o primeiro paso para coidalo. 

    Un ratiño de apertas!!






13/10/26

CLUB LECTURA 4º




 Hola ratiños e ratiñas:

Hoxe inauguramos o club d lector para os alumnos de 4º. Foi unha xornada moi divertida. 

O primeiro que fixemos foi decidir qué libro queríamos ler. E para iso trouxen 3 posibles propostas todas elas moi interesantes: 


    Despois de ler a sinopse do libro, os alumnos tiveron claro cal era o título que querían ler: 

    Ademais de descubir novas lectuas, aproveitamos a sesión para entregarlles aos nenos e nenas os seus pasaportes de lector. 

Qué ilusión lles fixo recibilos! E, por  suposto, non podía faltar o primeiro selo: a nosa querida Ratiña Concchita encargouse de selar o pasaporte para deixar constancia desta primeira sesión de lectura. 

Seguireivos contando mais cousas desta fermosa aventura que acaba de comezar. Ata logo amiguiños!





06/10/26

INAUGURACIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 3º

       

    Hola ratiños e ratiñas. Hoxe foi un día moi especial na nosa biblioteca, xa que comezamos         unha nova andaina inaugurando a actividade da biblioteca co Club de lectura do alumnado      de 3º de Primaria. 

            Para esta primeira aventura literaria, os nenos e nenas de 3º, puideron coñecer e escoller entre diferentes propostas de lectura. Tiñamos tres grandes opcións:
                             


                                         

                                       
        Despois de ler a sinopse da contraportada e analizar a posible historia que nos ía contar o libro os nenos por fin escolleron: O ladrón de soños. 




                                       Así comeza un club no que compartiremos lecturas, opinións, emocións e                     momentos especiais arredor dos libros. E a nos Ratiña Conchita xa está preparada para                             acompañarnos nesta nova aventura!




05/10/26

ANDEL TERRORÍFICO

 

        INAUGURACIÓN DO ANDEL MAIS TERRORÍFICO

            Hola ratiños e ratiñas, hoxe inauguramos un novo recuncho para ler... e pasar un pouquiño de           medo!!

        A nosa biblioteca segue medrando! 

        Queremos que este novo espazo de lectura  sirva para     compartir historias e gozar dun anaquiño de     calma rodeados de libros. 

        E como estamos a achegarnos ao Samaín, decidimos estrealo dunha maneira moi especial:     enchémolo     de contos de medo! 

        En breve encheremos estas estanterías cos vosos contos de medo, pero mentres tanto, poderedes            disfrutar destas historias tan divertidas e TERRORIFICAS!!


                    


    Benvidos ao noso novo recuncho de lectura!E... coidado co que hai detrás do sofá!

14/09/26

ANDAMOS DE OBRAS

  


       


     Bos días ratiños e ratiñas:

        A nosa biblioteca está en obras!

   

        Estamos aproveitando estas semanas para facer algúns cambios e preparar este espazo para que sexa     un     lugar máis acolledor, organizado e accesible para todos e todas. 

    Entre as novidades, incorporamos novas estanterías que nos permitirán organizar mellor os libros e     facilitar o seu acceso. Seguiremos a Clasificación Decimal Universal para ordenar as coleccións, pero     queremos ir un pasiño máis alá: colocaremos carteis e sinais máis claros e sinxelos, pensados     especialmente para que o alumnado poida identificar facilmente onde atopar os libros que busca. 

        Porque queremos que os nenos e nenas poidan entrar na biblioteca, mirar as estanterías e pensar: 

    - Qué libro me apetece ler hoxe?

  • As nosas estanterías están a sufrir cambios. 
        



05/06/26

ROBOTICA NA BIBLIO

 Ola Ratiñ@s! 

Ao longo do segundo e do terceiro trimestre realizamos dous obradoiros semanais de robótica multinivel, con nenos de 1º a 6º durante os recreos dos xoves e dos venres. Os Ratiños aprenderon moito sobre programación e traballaron o pensamento computacional, desenvolver a súa orientación espacial e lateralidade. Ademais, desenvolveron habilidades de planificación, toma de decisións e traballo en equipo. Na nosa biblio dámoslle moita importancia ao cumplimento dos obxectivos da axenda 2030 nos que se aboga por unha educación de calidade. Mirade que ben o pasamos mentres aprendemos?

 





01/06/26

PATIOS INCLUSIVOS NA BIBLIO: KAPLA

 Ola, Ratiñ@s! 

Os mércores durante os recreos temos día de Kapla.  Os nenos e nenas do cole de todos os cursos viñeron a facer as súas propias creacións con estes bloques de madeira que ofrecen tantas posibilidades. Déixo por aquí un vídeo con algunas fotos do que fixeron. Premede na imaxe  para velas. 

 

29/05/26

CALMA E TRANQUILIDADE. APUNTASE AO IOGA?

 Bo día, Ratiñ@s ioguis! 

Hoxe veño a contarvos que levamos varios venres celebrando na biblio obradoioros de ioga. Seguro que pensades... Ioga? E que ten que ver iso co que se aprende nun cole? Pois a verdade é que esta disciplina ten moitísimos beneficios. Estade atentos: 

  1. Mellora a atención e a concentración.
  2. Reduce as tensións do día a día da escola. 
  3. Axuda a autorregular as emocións. 
  4. Desenvolve a psicomotricidade e favorece a unha boa postura corporal á vez que libera tensións. 
  5. Fomenta a empatía e a convivencia positiva. 
Tal e como nos pide a axenda 2030 temos que garantir no noso alumnado unha educación de calidade que vai moito máis ala de transmitir coñecementos. Estamos formando e contribuíndo ao futuro da sociedade. 

AProveitando que este ano estamos a falar de deportes a través do PDI, "A Ratiña Conchita fai deporte", non quixemos desperdiciar esta oportunidade. Que ben nos ven conectar co noso corpo e as nosas emocións, aprender a manexalas e xestionalas dende a calma. A verdade é que a min encantaronme estes ratiños de paz e tranquilidade. 

Hoxe foi o noso último venres e iso nos deixa o corazón un pouco triste, pero quedámonos con todo o bo que nos deixou este obradoiro. Grazas Alba por vir visitarnos e ensinarnos leccións tan valiosas que non se esquecen.



28/05/26

CLUB DE LECTURA: RATIÑ@S DE BIBLIOTECA. INSPIRÁNDONOS EN GIANNI RODARI

 


         Hola Ratiños e Ratiñas. Tras a nosa tradicional sesión de lectura de novos capítulos e cometario de             texto, chegou o momento de poñernos o traxe de escritores... pero cun xiro moi especial!                              Inspirámonos nas técnicas do gran Gianni Rodari para crear historias cooperativas a cegas. 

         Como funciona isto? Pois cada participante escribía un anaco da historia coñecendo só o que                        escribira o compañeiro ou compañeira anterior... pero sen ver nada máis do relato! Unha atuténtica             aventura chea de sorpresas, xiros inesperados e oita imaxinación compartida. Ao rematar esta                     creación conxunta, cada neno e nena levou unha das historias para a casa, co reto de rematala e                 ilustrala ao seu gusto. 

          Que ledicia ver canta creatividade cabe nestas cabeciñas lectoras!


            


Inicio do club de lectura

 


                Hola Ratiños e Ratiñas. 

                Veño moi emocionada para contarvos unha novidade marabillosa: por fin chegou o mes de                           novembro e... inauguramos o club de lectura! 

                O noso primeiro encontro foi una auténtica festa dos libros.Coñecemos xuntos o proxecto e                         falamos de todo o que nos agarda este curso. e o mellor de todo: cada un de vós recibiu o seu                     Pasaporte Lector! É un documento moi especial, como se fose un pasaporte de verdade, onde                     iredes gardando un selo cada ez que veñades a unha reunión do club e cada vez que fagades a                     actividade que vos propoña. 

                 Estou moi orgullosa de ver tantos ratiños con ganas de ler e descubrir novas historias. Isto non                    fixo máis que comezar...