Bos días ratiños e ratiñas:
A nosa biblioteca está en obras!
Estamos aproveitando estas semanas para facer algúns cambios e preparar este espazo para que sexa un lugar máis acolledor, organizado e accesible para todos e todas.
Entre as novidades, incorporamos novas estanterías que nos permitirán organizar mellor os libros e facilitar o seu acceso. Seguiremos a Clasificación Decimal Universal para ordenar as coleccións, pero queremos ir un pasiño máis alá: colocaremos carteis e sinais máis claros e sinxelos, pensados especialmente para que o alumnado poida identificar facilmente onde atopar os libros que busca.
Porque queremos que os nenos e nenas poidan entrar na biblioteca, mirar as estanterías e pensar:
- Qué libro me apetece ler hoxe?


