Ola Ratiñ@s!
Ao longo do segundo e do terceiro trimestre realizamos dous obradoiros semanais de robótica multinivel, con nenos de 1º a 6º durante os recreos dos xoves e dos venres. Os Ratiños aprenderon moito sobre programación e traballaron o pensamento computacional, desenvolver a súa orientación espacial e lateralidade. Ademais, desenvolveron habilidades de planificación, toma de decisións e traballo en equipo. Na nosa biblio dámoslle moita importancia ao cumplimento dos obxectivos da axenda 2030 nos que se aboga por unha educación de calidade. Mirade que ben o pasamos mentres aprendemos?