Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

07/03/26

CONCURSO POESÍA CASA MANUEL MARÍA

 Ola a tod@s! 

Hoxe os ratiñ@s Emily e Xoel foron a Outeiro de Rei para representar ao noso cole no concurso de poesía de Rosalía e Manuel María organizado pola Casa Museo Manuel María. Fixérono xenial! Estou super orgullosa do seu traballo e esforzo. 

Ademais,  hai que darlle doble noraboa a Xoel que resoltou gañador da súa categoría! Un forte aplauso! Moitas grazas polo voso esforzo! Grazas tamén aos vosos pais e profes por acompañarvos nesta experiencia. Se queredes ver que ben o fixeron premede no seguinte vídeo! 

20/02/26

FINAL DO CONCURSO DE RECITADO!

 Bo día Ratiñ@s! 

Hoxe tivemos na biblio a final do concurso de Poesía de Rosalía e Manuel María. Foi moi dificil decidirse pero ao final os dous seleccionados foron: 

  • Emily alumna de 6º 
  • Xoel alumno de 2º
Noraboa a todos e todas as participantes. Grazas polo voso esforzo, dedicación e polo respecto amosado pola nosa lingua e a nosa poesía. Fixéstedes un traballo incrible!

Noraboa aos vencedores! Agora a ultimar os últimos detalles antes de por rumbo a Outeiro de Rei para participar na final organizada pola Casa Museo Manuel María o vindeiro 7 de marzo. Que nervios! 

13/02/26

FINALISTAS CONCURSO DE POESÍA

Ola ratiñ@s!

Que contenta estou! Na nosa biblioteca vivimos algo moi especial: O concurso de recitado de poesía de Rosalía e Manuel María do cole. Cantos nervios, canta emoción!

Todos o fixeron xenial pero despois de escoitar versos tan ben recitados, quedaron 13 finalistas! 

Como premio polo seu esforzo todos os participantes recibiron un diploma e os finalistas unha cousiña feita con moito agarimo: unha bolsa de Rosalía de Castro, creada aquí no cole. 



Agora os finalistas teñen que preparar a fase final. Só dous serán os escollidos para representar ao noso cole no certame de poesía de Rosalía e Manuel María organizado pola Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei. Estou desexando escoitalos! 


05/02/26

O CONCURSO DE ROSALÍA SEMPRE VIVA ARRINCA MOTORES NO NOSO COLE

Ola, Ratiñ@s

Comezamos a primeira fase do concurso de poesía de Rosalía no marco do certame organizado pola Casa Museo Manuel María. Moita a sorte a todos Ratiñ@s!

12/01/26

PAPÁ NOEL LEU AS NOSAS CARTAS!

Moi boas, ratiños e ratiñas…

Teño algo  moi importante que contarvos! Sabedes aquel buzón tan especial que puxemos na biblioteca para escribirlle a Papá Noel? Pois quero dicirvos un segredo… As vosas cartas viaxaron moi lonxe e foron escoitadas con moita atención. E grazas ás vosas ideas e aos vosos soños lectores, hoxe a nosa biblioteca está chea de libros novos que estaban desexando coñecervos. 

Así que xa sabedes: pasade pola biblio, buscade, mirade, lede e soñade sen parar. Estes libros     son vosos, porque foron elixidos por vós

   

25/10/25

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA

 Bo día, Ratiñ@s! 

Grazas á vosa axuda as mochilas viaxeiras xa están en marcha e rumbo as vosas casas. Que ilusión! Moitas grazas por resolver o misterio e pasar todas as probas con valentía! NORABOA! 







23/10/25

DESASTRE TOTAL: AS MOCHILAS VIAXEIRAS NON SE PODEN ABRIR

 Ola, Ratiñ@s lector@s!

Seica mañá e o día das Bibliotecas escolares. Lembrades que ía repartirvos as mochilas viaxeiras? Pois ocorrue un desastre! Algo que nin nos contos de medo se podería imaxinar! 

Todo comezou cando a lúa chea se agochaba entre as nubes e un vento frío entrou pola fiestra. Eu estaba a revisar os estantes cando de súpeto… PLAF! As mochilas dos nenos comezaron a tremer e a moverse soas! Apareceu un espírito errante berrando ante a chegada do Samaín. Díxome que non soporta os libros nin as lecturas, que quere que ninguén volva abrir as mochilas cheas de historias, cadernos e soños.

Eu, por suposto, non podía permitir tal cousa! Así que saquei toda a miña valentía de ratiña e, tras unha longa loita de ronseis e pó máxico, conseguín detelo. Pero antes de desaparecer, o espírito deixou o seu último feitizo: 🔒 Puxo un cadeado encantado nas mochilas, e agora... non se poden abrir!

Por sorte, deixoume unha pista: o candeado só se abrirá se o alumnado supera catro probas que poñerán a proba a vosa imaxinación, a vosa curiosidade e, sobre todo... o voso amor polos libros. Así que necesito a vosa axuda, aventureiros e aventureiras da lectura. ¿Estades preparados para axudarme a romper o feitizo e liberar as mochilas viaxeiras?

A  Ratiña Conchita

20/10/25

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Bo día, Ratiñ@s lector@s! 

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, un día que me enche de ilusión porque é unha festa para todos os que amamos os libros, as historias e a maxia das palabras. Pero, sabedes que é o mellor de todo? Ese día tamén faremos a entrega das mochilas viaxeiras!

As mochilas viaxeiras están cheas de libros escollidos con moito mimo. Cada mochila viaxará de casa en casa, para que poidades compartir coas vosas familias un tempiño de lectura xuntos. Dentro atoparedes contos divertidos, libros cheos de aventuras e algunha sorpresa máis...

Lembrade que cando unha mochila estea convosco, sodes os seus coidadores. Hai que tratala con moito mimo, para que poida seguir viaxando e facendo felices a máis nenos e nenas.

Ata pronto, meus ratiños lectores!

Con moito cariño,

A vosa amiga, a Ratiña Conchita 🐭!