Ola a tod@s!
Hoxe os ratiñ@s Emily e Xoel foron a Outeiro de Rei para representar ao noso cole no concurso de poesía de Rosalía e Manuel María organizado pola Casa Museo Manuel María. Fixérono xenial! Estou super orgullosa do seu traballo e esforzo.
Ademais, hai que darlle doble noraboa a Xoel que resoltou gañador da súa categoría! Un forte aplauso! Moitas grazas polo voso esforzo! Grazas tamén aos vosos pais e profes por acompañarvos nesta experiencia. Se queredes ver que ben o fixeron premede no seguinte vídeo!