Amosando publicacións coa etiqueta Discapacidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Discapacidade. Amosar todas as publicacións

03/12/20

Día da discapacidade


A Comunidade Educativa do noso  Centro conta con persoas con diferentes discapacidades, tanto físicas como intelectuais, persoas  con necesidades especiais pero iguais aos ollos do resto do persoal. “SON UNHA MÁIS”.

Este día por ser tan especial foi  preparado con moita dedicación, sensibilidade e  cariño por parte de tod@s.



Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo:

-Visionamento de vídeos:

·         El cazo de Lorenzo

·         El color de las flores

·         El sueño de Pedro

-Charlas de persoas afectadas cunha discapacidade

·         Félix,( persoa con discapacidade visual) falounos da súa situación e percepción do mundo.


       


·   Lucía Díaz ( neta de persoas xordomudas), comentounos como se relaciona e comunica cos seus avós..

     
Elaboración de mensaxes positivas usando diferentes  linguaxes.

·         Mensaxes con pictogramas.




·         Mensaxes en Braille






















·  Mensaxes de xestos





 

                                              


O 3 de decembro pasará pero o resto do ano, NO NOSO CENTRO,

TOD@S SEGUIREMOS SENDO CAPACES.

 

“NON TEÑO UNHA DISCAPACIDADE,

TEÑO UNHA HABILIDADE DIFERENTE” (Robert M. Hensel)

01/04/19

Contos en Braille

Hoxe comezamos o mes de abril con este agasallo na nosa biblioteca.
Con eles Emily poderá ler en BRAILLE ,pero o resto dos nenos/as tamén os poderán ler.













15/03/19

O cazo de Lorenzo

Hoxe foi un día especial  no centro pois tivemos un contacontos pero que non 
falaba coma nós,senón que utilizaba a linguaxe de signos.
Contounos  O cazo de Lorenzo, conto que case todos coñecemos pero que contado
deste xeito pareceunos diferente e axudounos a entender mellor a algúns compañeiros 
que tamén  teñen dificultades.

Fíxonos tres pases e acudiu todo o alumnado do centro agás o alumnado de 6º que 
estaban no FORUM vendo unha obra de teatro.




 












Despois, os maiores, fixémoslle preguntas que coa axuda dunha intérprete nos 
respondeu amablemente.

28/11/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


 O 3 de decembro celébrase o  Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Por este motivo e dado que no noso centro temos compañeiros/as con distintas discapacidades: Asperxer, cegueira, autismo, parálise cerebral... mercamos libros para que vos informedes sobre estas discapacidades e tamén contos para compartir con eles/as.

Aquí tendes un conto que non podedes deixar de ver pero non esquezades de tocar.

Imaxe relacionada
Que é?
Resultado de imaxes para el libro negro de los colores            

Así que pasade pola biblioteca para ver todos os novos libros.