20/05/17

Letras Galegas

Como todos os anos celebramos no noso cole o día das Letras Galegas. En colaboración co equipo de dinamización da lingua galega traballamos a Carlos Casares, escritor  que este ano é homenaxeado.
Na biblioteca expuxemos os seus libros e finalmente algúns traballos feitos polo alumnado.


Sergio 6ºEI
5º EI








Ademais o EDL preparou contos co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º  que na hora de ler compartiron nas distintas aulas.

17/05/17

Colaboración coa libraría AZETA


Suso, da libraría AZETA chamou ao noso centro para convidarnos a colaborar con el para a celebración das 
LETRAS GALEGAS.

O martes 16 acudimos 17 rapaces/rapazas de 5º  e  na praza González Dopeso contamos dous contos.



A miña estancia

 



 Víchedes  a  miña  nova  casiña?




         























Eu estou moi ,moi leda porque cada vez estou nun lugar mais alegre e fermoso.
























Pero o que me pon máis contenta aínda é que me visitedes e me escribades cartas.


Laura Cano, xa sei que me escribiches unha carta e gustoume moito recibila. Ti sigue vindo a miña casiña e algún día levarás unha sorpresa.

10/05/17

Héctor Cajaraville

O alumnado de 4º recibimos hoxe a Hector Cajaraville  autor do libro "Quen da a quenda? "
Foi un encontro moi ameno e ademais ao final deixounos unha dedicatoria.







07/05/17

Carta da Ratiña



COMO ME GUSTOU RECIBIR A VOSA CARTA!






Espero poder seguir fadénvos  agasallos para que sigades coa ilusión e as gañas de ler.





































Hoxe déixovos un agasallo virtual que tamén desexo que vos guste.