Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións

19/05/26

RECITAL DE POESÍA ANIMAL

 Ola, Ratiños e Ratiñas! 

Sabedes que fai pouco celebramos o día do libro e deixei en cada clase unha caixa baleira para que fixeran a recomendación dun libro. Os nenos e nenas de segundo recomendaron un fermoso libro de poesía sobre distintos animais: "Animales en verso" Gustoulles tanto que ata fixeron un pequeno recital que agora vos comparto. Só tendes que premer nas imaxes dos distintos animais para escoitar un poema. A desfrutar! 

04/05/26

RECOMENDACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO

 Bo día, Ratiñ@s

Xa temos todas as caixas na entrada. Fixestes un gran traballo!  O reto do día do libro está completamente superado! Noraboa! 

Agora toca intercambiar as lecturas e desfrutar coñecendo novas historias que seguro vos farán viaxar moi lonxe! 



23/04/26

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Bos días, Ratiños e Ratiñas!

Hoxe xa sabedes que é o día do libro! Para conmemoralo os alumnos de 6º decoraron unha fermosa porta. Que ben lles quedou! Tamén fixemos uns fermosos brazaletes onde reflexionar sobre o que nos fai sentir a letura.  Houbo frases realmente inspiradoras... 

Por último, pero non menos importante. Deixei en cada clase unha caixa sen nada dentro para que cada grupo puidera escoller un libro recomendar ao resto do cole. O obxectivo é con esa caixa facer unha obra de arte inspirada no libro escollido para logo poder intercambialas polas clases e coñecer diferentes obras e estilos. Estou desexando ver as vosas creacións! 

 


23/04/21

23 de abril DÍA DOLIBRO


Para celebrar o DÍA DO LIBRO este ano creamos un libriño cada un de nós a partires dun folio.



Nel escribimos contos, poesías, recetas, adiviñas...


















                       



E con todos os libriños creamos unha árbore.


O alumnado de infantil traballou os contos.






   

23/04/20

Día 23 de abril.DÍA DO LIBRO


Ola de novo!
Xa vexo que listedes a miña mensaxe e gustoume moito que algúns me enviarades xa as vosas recomendacións.
Vounas compartir con todos vós polo que podedes pinchar no enlace que vos deixo.
Animádevos os que aínda non o fixechedes.

Un bico moi grande para todos.


Recomendacións de LEO



Ola son Leo
.
O libro que máis me gusta é o da Princesa Primorosa porque o ilustrou a miña nai pero tamén os recomendo outros:






A Princesa Primorosa é un conto que fala da dunha
forma divertida,da importancia de unha boa hixiene,
moi importante nestes días.