Bos días, Ratiños e Ratiñas!
Hoxe xa sabedes que é o día do libro! Para conmemoralo os alumnos de 6º decoraron unha fermosa porta. Que ben lles quedou! Tamén fixemos uns fermosos brazaletes onde reflexionar sobre o que nos fai sentir a letura. Houbo frases realmente inspiradoras...
Por último, pero non menos importante. Deixei en cada clase unha caixa sen nada dentro para que cada grupo puidera escoller un libro recomendar ao resto do cole. O obxectivo é con esa caixa facer unha obra de arte inspirada no libro escollido para logo poder intercambialas polas clases e coñecer diferentes obras e estilos. Estou desexando ver as vosas creacións!