Amosando publicacións coa etiqueta conta contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conta contos. Amosar todas as publicacións

10/12/25

TEATRO DE SOMBRAS: A QUE SABE A LÚA?

 Ola, Ratiñ@s! 

Hoxe tivemos na biblio unha presentación en Kamishibai do conto "A que sabe a lúa?". Foi moi especial porque os nenos e nenas de 3º prepararon un contacontos de sombras para os máis pequenos. Fixérono xenial! Que orgollosa estou dos meus pequenos ratiñ@s lectores! 

24/11/23

Colaboración co Forum

 Como o alumnado de Ed. infantil non podía ir ao Forum, tivemos a sorte que dende alí se desprazaron  para contarnos uns fermosos contos.

Tamén nos deixaron unha maleta chea de contos para a nosa aula e invitáronnos a visitar o Forum e facer o carnet.







26/05/22

Unhas nais contando un conto

 Hoxe as nais de Emma e Jimena e Sabela de 6º EI viñeron contar o conto "Yo voy conmigo".







Pasámolo moi ben  e encántanos volver  ir a biblioteca.

28/01/20

A Ratiña Faifá

Hoxe a Ratiña Faifá, chegada de Siria, veu a contarnos uns contos. 




15/03/19

O cazo de Lorenzo

Hoxe foi un día especial  no centro pois tivemos un contacontos pero que non 
falaba coma nós,senón que utilizaba a linguaxe de signos.
Contounos  O cazo de Lorenzo, conto que case todos coñecemos pero que contado
deste xeito pareceunos diferente e axudounos a entender mellor a algúns compañeiros 
que tamén  teñen dificultades.

Fíxonos tres pases e acudiu todo o alumnado do centro agás o alumnado de 6º que 
estaban no FORUM vendo unha obra de teatro.




 












Despois, os maiores, fixémoslle preguntas que coa axuda dunha intérprete nos 
respondeu amablemente.

15/02/19

Contando contos aos pequenos

Hoxe o alumnado de 3º B contoulle dous contos ao alumnado de infantil:

                       Os cegos e o elefante



 







 A bolboreta e a tartaruga




31/01/19

O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS

 Os alumno/as de 2ºEP recibiron a visita de Iago  que volveu a facer de cociñeiro para contarlle o conto que os nenos/as xa leran na clase.












16/04/18

Axente Riciños

Hoxe o alumnado de educación infantil fomos a biblioteca para que Iago López nos contase este conto:

axente riciños- hematocrito-9788491210559


Miguel López,coñecido literariamente polo seudónimo de El Hematocrítico é o seu autor e nel reconstrúe o coñecido conto da tradición británica Riciños de Ouro.












16/03/18

Pablo e os seus contos




Hoxe  o alumnado de 1º e 2º  estivemos  escoitando a Pablo, que nos contou distintos contos. 
Pasámolo moi ben e ao final algúns axudámoslle a contar un deles.

Adiviña: Serei príncipe ou princesa?













Agora co Kamishibai contounos: O príncipe Cincento



 
 



Que gracia nos fixo! As princesas tamén se botan peidos.


                                                   


 O prínipe e o chícharo no que nós tamén colaboramos.


                                                      



Podes volver a escoitalo se pinchas no video