Hoxe foi un día especial no centro pois tivemos un contacontos pero que
non
falaba coma nós,senón que utilizaba a linguaxe de signos.
falaba coma nós,senón que utilizaba a linguaxe de signos.
Contounos O
cazo de Lorenzo, conto que case todos coñecemos pero que contado
deste xeito pareceunos diferente e axudounos a
entender mellor a algúns compañeiros
que tamén
teñen dificultades.
Fíxonos tres pases e acudiu todo o alumnado do centro agás o alumnado de 6º que
estaban no FORUM vendo unha obra de teatro.



Despois, os maiores, fixémoslle preguntas que coa axuda
dunha intérprete nos
respondeu amablemente.