Amosando publicacións coa etiqueta Gusto pola lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gusto pola lectura. Amosar todas as publicacións

04/05/26

RECOMENDACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO

 Bo día, Ratiñ@s

Xa temos todas as caixas na entrada. Fixestes un gran traballo!  O reto do día do libro está completamente superado! Noraboa! 

Agora toca intercambiar as lecturas e desfrutar coñecendo novas historias que seguro vos farán viaxar moi lonxe! 



30/04/26

HOXE RECIBIMOS A... REYES PÉREZ

Bo día, Ratiñ@s

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa biblio a Reyes  Pérez, autora do libro "Tía Papucha". Pasamolo xenial con ela! 

Os nenos e nenas de terceiro tiveron a sorte de ler esta obra na clase. Gustoulles moitísimo. Para agradecerlle a súa visita preparáronlle unha morea de debuxos cos que decoramos a biblio. Encantáronlle! 

Moitas grazas Reyes pola túa visita, estamos sempre encantados de recibirte. Podes volver cando queiras. 

Se queredes coñecer un pouco máis desta autora e da Tía Papucha podédes seguila en instagram.  Tia Papucha en INSTAGRAM


  


23/04/26

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Bos días, Ratiños e Ratiñas!

Hoxe xa sabedes que é o día do libro! Para conmemoralo os alumnos de 6º decoraron unha fermosa porta. Que ben lles quedou! Tamén fixemos uns fermosos brazaletes onde reflexionar sobre o que nos fai sentir a letura.  Houbo frases realmente inspiradoras... 

Por último, pero non menos importante. Deixei en cada clase unha caixa sen nada dentro para que cada grupo puidera escoller un libro recomendar ao resto do cole. O obxectivo é con esa caixa facer unha obra de arte inspirada no libro escollido para logo poder intercambialas polas clases e coñecer diferentes obras e estilos. Estou desexando ver as vosas creacións! 

 


31/03/26

DEPORTE GALEGO

Ola, Ratiñ@s

Este terceiro trimestre veño cargada de novidades! Estades preparados? Dentro do proxecto "A Ratiña Conchita fai deporte" e para dar a coñecer o deporte en Galicia ocorreuseme facer un "mural do deporte galego" na entrada que espero que vos guste moito.  

Mirádeo ben e prestádelle moita atención porque cada semana irei descubrindo información sobre un deporte e un/unha deportista galego/a. Polas clases repartirei un reto semanal que teredes que baixar a investigar ao mural para poder darlle resposta. Metede a vosa resposta no buzón e esperade o voso premio! 



#ODS2030 #3.PromociónVidaSaudable 5.IgualdadeDeXénero

16/03/26

AGASALLOS

 Ola, Ratiñ@s!

Xa sabedes que o noso paso polo concurso de poesía Rosalía Sempre Viva foi todo un éxito e os nosos representantes fixérono xenial. Para agradecernos a nosa participación a Casa Museo Manuel María agasollounos cunha serie de exemplares para a nosa biblio. Moitas grazas! 

12/12/25

XA CHEGA O NADAL A INFANTIL

Ola, Ratiños

Os nenos e nenas de infantil tiveron unha idea estupenda! trouxeron libros das súas casas para poder lelos na clase entre todpos. Algúns eran contos que lles gustan moito, outros eran novidades que aínda non tiveran tempo de ler, pero todos estaban cheos de historias marabillosas. 

Foi unha actividade preciosa para fomentar o gusto pola lectura. Cada nen@ presentou o seu libro diante dos seus compañeir@s. A verdade é que o fixeron xenial!

Aquí deixo unha seleción dos contos que trouxeron! 

A seguir desfrutando da lectura!

17/11/25

CLUB DE LECTURA: RATIÑ@S DE BIBLIOTECA 1ª XUNTANZA

Hola Ratiñ@s!

Hola ratiños, como xa sabedes, este ano demos comenzo ao noso club de lectura "Ratiñ@s de biblioteca". Comezamos coa fabulosa obra de Erica Esmorís "Esta é a miña historia e terás que crela". Desfrutaremos moito desta lectura. 

Este curso están participando un grupo de pequenos/as lectores de cuarto de primaria. Nesta primeira xuntanza todos recibiron un pasaporte de lectura e presentamos a obra que imos ler e fixemos as primeiras actividades. 

  • Contar historias disparadas e averiguar cal e verdade e cal mentira. Todo un éxito de xogo! 
  • Facer unha cápsula do tempo. Pedínlles aos nenos/as que anotaran que crían que ia suceder na historia para ver se a súa intuición de lectores e boa, ou quizais non tanto. 
Que ben o pasamos nesta primeira xuntanza!