Amosando publicacións coa etiqueta colaboracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboracións. Amosar todas as publicacións

24/11/23

Colaboración co Forum

 Como o alumnado de Ed. infantil non podía ir ao Forum, tivemos a sorte que dende alí se desprazaron  para contarnos uns fermosos contos.

Tamén nos deixaron unha maleta chea de contos para a nosa aula e invitáronnos a visitar o Forum e facer o carnet.







28/03/22

Unha visita moi especial. UN GOYA

 Nesta 36 edición dos Premios  GOYA, os pais de Ayax e Roan, alumnos deste centro, gañaron o “Premio Goya” á mellor película de animación con “Valentina”.



De forma desinteresada facilitáronnos a película e o alumnado de 3º estivemos véndoa, posteriormente a traballamos nas nosas aulas  a través dun libriño, centrándonos en que “Todos somos diferentes e tamén especiais” como di Valentina. Todos podemos conseguir o que nos propoñamos se nos esforzamos.



Os papás de Ayax viñeron ao  cole e contáronnos  como se fai una película de debuxos  animados, canto se tarda en creala…así como datos curiosos da mesma, animándonos a que nós tamén poñamos a imaxinación a traballar.








Trouxéronnos o GOYA  e a Ratiña Conchita fíxose unha foto con él ao igual que moitos dos nenos/as.


Somos uns privilexiados,  porque poucos nenos/as poden vivir unha experiencia tan especial na súa vida.

Moitas grazas a Noa e Brandán por facernos vivir este “Momento de película” contribuíndo a enriquecer os nosos intereses e a nosa imaxinación.

20/12/19

Postais solidarias




Este ano as postais de NADAL levámolas para casa pero a cambio de ser solidarios.
Tivemos que traer un kilo/litro de comida para poder escoller unha postal entre todas as que se fixeron.
A comida recollida doouse  ao BANCO DE ALIMENTOS.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola participación




 








 









 
 
 

23/05/19

Colaboración coa librería AZETA


Como xa fixeramos en cursos anteriores colaboramos coa libraría AZETA  para a celebración das 
           LETRAS GALEGAS.

O xoves 23 de maio acudimos 9 ne@s de 4º e 6º e na librería recitamos poemas.
 

15/05/18

Colaboración coa librería AZETA

Como xa fixeramos no pasado curso colaboramos coa libraría AZETA  para a celebración das 
           LETRAS GALEGAS.


O luns 14 de maio acudimos 9 ne@s de 3º e na praza González Dopeso recitamos poemas.

         

13/03/18

Encántame compartir


Hoxe recibín unha mensaxe que me gustou moito!!!

O CEE A Barcia fixo un traballo sobre 
CONCEPCIÓN ARENAL e quixo compartilo connosco.


           CEE A BARCIA

07/03/18

Lola, unha muller traballadora

Hoxe tivemos no noso centro a visita dunha muller que traballou durante moitos anos na fábrica de tabacos da Coruña.
Como a fábrica está no noso barrio e ademais ela é a avoa dunha alumna do noso centro, pareceunos interesante que viñese a contarnos como foi a súa vida de traballadora.

Estivo o alumnado de 5º e 6º pero tamén contamos cunha reporteira da Asociación veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros que está colaborando co equipo de dinamización na celebración do día da muller.






 Contounos moitas cousas do seu traballo e respondeu as preguntas que lle fixo o alumnado.







Para rematar deixoulles unha recomendación moi importante os nenos/as:

“Prepararos para ser independientes. Estudiar y trabajar. Si os casáis hacerlo por amor pero no para que os mantengan.”







28/01/18

Angelica Dass y el color de la piel

Grazas a Lucía,nai de Sancho e Jimena por explicarnos o vídeo de Angélica Dass e facernos  pensar  de que cor somos.







Así nos vimos:

Engadir título