11/12/17

         

   Temos libros novos!!!

Non  te  esquezas  de vir no recreo a ler.




28/11/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


 O 3 de decembro celébrase o  Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Por este motivo e dado que no noso centro temos compañeiros/as con distintas discapacidades: Asperxer, cegueira, autismo, parálise cerebral... mercamos libros para que vos informedes sobre estas discapacidades e tamén contos para compartir con eles/as.

Aquí tendes un conto que non podedes deixar de ver pero non esquezades de tocar.

Imaxe relacionada
Que é?
Resultado de imaxes para el libro negro de los colores            

Así que pasade pola biblioteca para ver todos os novos libros.


            

07/11/17


Ola!
Fixádevos ben! Son todos libros?;
Déixovos dúas revistas: unha en galego
"O Papagaio" e unha en castelá "Reportero DOC", pero tamén novos libros para que sigades desfrutando coa lectura.










XA ME CONTAREDES SE VOS GUSTAN AS REVISTAS







04/11/17

Grazas, Adriana


Adriana o curso pasado foi a gañadora do concurso de deseño da nosa mascota RATIÑA CONCHITA
Esta foi a cabaza que trouxo Adriana para a exposición de cabazas na que todo o alumnado do centro participa.

A partir de agora decorará a nosa biblioteca




03/11/17

CONTOS QUE METEN MEDO

Hoxe no recreo tivo lugar a entrega de premios do concurso. CONTOS QUE METEN MEDO.





Os agasallados foron: 

      6ºA de Educación infantil co conto " El zombi cosquillas"







1ºA de Educación Primaria co conto "Franki no cementerio"





 Aitor Trillo de 3 ºA co conto "O noso tenebroso Samaín"




         Erika Saíz de 5º B co conto "O xogo do mal"













1ºA
5ºB
3ºA


6ºA INFANTIL





Estes nenos/as  foron contarlle o conto aos seus compañeiros.





















25/10/17

Compartir! Como me gusta facelo!


                Xa podedes ler os libros
que me chegaron  do” País dos Libros” .     
A min gustáronme moito.


24/10/17

XA FAI UN ANO!!!

Recordades que pasou o 24 de outubro de 2016 ?

Pois que cheguei a vosa biblioteca para quedarme con todos vós e levarvos polo marabilloso mundo dos libros.
Creo que o estamos facendo moi ben pois cada día son máis os nen@s que vindes  visitarme e iso é marabilloso

Hoxe recibín un agasallo : unha morea de cartos(PLAMBE) para poder mercar moitos libros e algunhas outras cousas que vos irei mercando pouco a pouco.

Seguídeme visitando e estade moi atentos …

Dia das bibliotecas escolares

Hoxe, 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares e na nosa biblioteca tivemos unha sorpresa.
A  RATIÑA  CONCHITA  recibiu un agasallo.




Era un paquete que viña do  PAIS  DOS LIBROS e como non podía ser doutro xeito nunha biblioteca, era unha caixa chea de libros.

No recreo abrímola caixa con moita ilusión e despois os deixamos no expositor das novidades para que non só os lea a RATIÑA  CONCHITA .

                             
Ela para celebrar este día déixanos este agasallo virtual:

23/10/17

Samaín

Aquí tendes un montón de cancións para cantar estes días de preparción do SAMAÍN


Contos que meten medo!

Na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro celebraremos o SAMAÍN no colexio.

Este curso teremos o I Concurso de CONTOS QUE METEN MEDO ! no que colabora o EDL.
Poderá participar  todo o alumnado de forma individual e os mais pequenos de forma colectiva, por aula.
A data para entregar os vosos traballos, os contos, é o 30 de outubro.

Para que vos ambientedes, o equipo de biblioteca decorou a biblioteca e fixo unha selección de libros(contos, poemas...) 










19/10/17

Un agasallo


Non o podo crer!!!
Hoxe chegáronme unhas fotos que me  deixaron abraiada!

Na MOCHILA VIAXEIRA que FELIX levou para compartir coa súa familia viña unha ratiña que se parece moito a min.
A fixo a súa mamá para que me faga compañía na biblioteca, así que me puxen moi, moi leda.