25/10/17

Compartir! Como me gusta facelo!


                Xa podedes ler os libros
que me chegaron  do” País dos Libros” .     
A min gustáronme moito.


24/10/17

XA FAI UN ANO!!!

Recordades que pasou o 24 de outubro de 2016 ?

Pois que cheguei a vosa biblioteca para quedarme con todos vós e levarvos polo marabilloso mundo dos libros.
Creo que o estamos facendo moi ben pois cada día son máis os nen@s que vindes  visitarme e iso é marabilloso

Hoxe recibín un agasallo : unha morea de cartos(PLAMBE) para poder mercar moitos libros e algunhas outras cousas que vos irei mercando pouco a pouco.

Seguídeme visitando e estade moi atentos …

Dia das bibliotecas escolares

Hoxe, 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares e na nosa biblioteca tivemos unha sorpresa.
A  RATIÑA  CONCHITA  recibiu un agasallo.




Era un paquete que viña do  PAIS  DOS LIBROS e como non podía ser doutro xeito nunha biblioteca, era unha caixa chea de libros.

No recreo abrímola caixa con moita ilusión e despois os deixamos no expositor das novidades para que non só os lea a RATIÑA  CONCHITA .

                             
Ela para celebrar este día déixanos este agasallo virtual:

23/10/17

Samaín

Aquí tendes un montón de cancións para cantar estes días de preparción do SAMAÍN


Contos que meten medo!

Na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro celebraremos o SAMAÍN no colexio.

Este curso teremos o I Concurso de CONTOS QUE METEN MEDO ! no que colabora o EDL.
Poderá participar  todo o alumnado de forma individual e os mais pequenos de forma colectiva, por aula.
A data para entregar os vosos traballos, os contos, é o 30 de outubro.

Para que vos ambientedes, o equipo de biblioteca decorou a biblioteca e fixo unha selección de libros(contos, poemas...) 










19/10/17

Un agasallo


Non o podo crer!!!
Hoxe chegáronme unhas fotos que me  deixaron abraiada!

Na MOCHILA VIAXEIRA que FELIX levou para compartir coa súa familia viña unha ratiña que se parece moito a min.
A fixo a súa mamá para que me faga compañía na biblioteca, así que me puxen moi, moi leda.






18/10/17


OLA!  Como me gusta contarvos estas novas!
Esta semana  foron premiados Antonio García Teijeiro  e o grupo LES LUTHIERS.
Ao primeiro lle concederon o PREMIO NACIONAL DE LITERTURA INFANTIL E XUVENIL e aos segundos o PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN e HUMANIDADES.
Ambos son coñecidos por  todos   vós  por habelos  escoitado e lido  en varias ocasións.
Aquí podedes  escoitar un poema de ANTONIO musicado para celebrar no  curso 2016-17 o  día  da poesía e cantado polo alumnado de 2º curso. 


É unha ledicia habelo escollido a ÉL(ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO) e non esquezades que na biblioteca temos moitos dos seus libros de poemas.  

Agora podedes recordar un dos traballos máis coñecido  dos segundos agasallados e  que eu sei que vos gusta moito.



10/10/17

Ratiña Conchita







Ola!

Parece que este ano as profes e mais eu imos ter moito traballo, pois xa nada máis empezar leveime una sorpresa cando abrín o buzón e atopei:


MOITAS GRAZAS  ICÍAR







Pero tamén encántame verbos nos recreos lendo e collendo libros para levares para casa.





02/10/17

Xa estou aquí

Ola nen@s !!!
Xa estou de novo entre vós!
Gustouvos a sorpresa que vos levei  ás vosas aulas?

                                   AS MOCHILAS VIAXEIRAS












Non  esquezades  compartilas en  familia e por suposto encher ese libriño en branco co que  vos  agasallei, onde podedes  deixar  voar  a  imaxinación  para  convertervos en poetas, pintores ou 




Dende un buratiño ollei coa ilusión coa que os nen@s de 4ºA abriron as mochilas e  leron as miñas propostas.









Despois tamén vin como esperaban os nenos de infantil a abrir as mochilas.