23/02/17

New books


Como me gustaría falar inglés!!!
Eu coido que xa non o conseguirei pero ti aínda estás a tempo.

Hoxe non vos deixo libros novos pero case.

Pola noite cando vós durmiades eu din un paseo polo cole e atopeinos nunhas caixas.Que mágoa!
























Que pon na nota?

Pois que os libros que teñen un gomet vermello podedes lelos na biblioteca pero non os podedes levar para casa.




E recordade: LEDE  EN INGLÉS.

19/02/17

Rosalía de Castro


Ola! 
Nesta semana celébrase o día de Rosalía de Castro porque  naceu un 24 de febreiro fai xa 180 anos.
Gustaríame que soubésedes algo máis desta muller que foi tan importante para Galicia.
Podedes pasar pola biblioteca para ler algún dos seus poemas pero tamén vos deixo algúns recursos onde vos podedes informar.
    





Fundación e casa museo
Biblioteca virtual Miguel de Cervantes
Galipedia

Pero sabes que os seus poemas foron moitas veces cantados?

Esta canción dedícalla  Uxía a Rosalía. Aparece nun libro de poemas musicados no que algunhas das poesías son de Rosalía.


ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.


A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 

Pero xa fai moitos anos Amancio Prada fixo famosos estes dous poemas que el
converteu en cantigas.





E para rematar: