29/03/22

Sabela Gago

 Hoxe visitounos Sabela Gago e fíxonos crear un conto









28/03/22

Unha visita moi especial. UN GOYA

 Nesta 36 edición dos Premios  GOYA, os pais de Ayax e Roan, alumnos deste centro, gañaron o “Premio Goya” á mellor película de animación con “Valentina”.



De forma desinteresada facilitáronnos a película e o alumnado de 3º estivemos véndoa, posteriormente a traballamos nas nosas aulas  a través dun libriño, centrándonos en que “Todos somos diferentes e tamén especiais” como di Valentina. Todos podemos conseguir o que nos propoñamos se nos esforzamos.



Os papás de Ayax viñeron ao  cole e contáronnos  como se fai una película de debuxos  animados, canto se tarda en creala…así como datos curiosos da mesma, animándonos a que nós tamén poñamos a imaxinación a traballar.








Trouxéronnos o GOYA  e a Ratiña Conchita fíxose unha foto con él ao igual que moitos dos nenos/as.


Somos uns privilexiados,  porque poucos nenos/as poden vivir unha experiencia tan especial na súa vida.

Moitas grazas a Noa e Brandán por facernos vivir este “Momento de película” contribuíndo a enriquecer os nosos intereses e a nosa imaxinación.

21/03/22

Día da poesía


 

Hoxe 21 de marzo enchemos o cole de poesías que estivemos lendo e escollendo ao longo deste mes de marzo .

08/03/22

8 de marzo

 Hoxe celebramos o día da muller no que cada aula traballou unha muller e fixemos un mural na entrada





Tamén a Ratiña Conchita deixounos libros novos coma xa fixera nos anos anteriores




04/03/22

Unha muller artista

Hoxe visitounos unha MULLER ARTISTA : Julia Aguiar

Estivo na aula de 5ºB de Ed. Infantil porque estes nenos/as quérenlle dedicar o DÍA DA MULLER a ela,  xa que cada aula elixe unha muller para traballar este día.

Preparounos un taller artístico empleando acuarelas, rotuladores e Manley sobre papel especial de acuarela, mostrando unha gran sensibilidade polas nosas creacións.













Teatro no Forum

Hoxe o alumnado de 51 e 61 asistiu a representación da obra "  Feirantes"no Fotum.