17/12/16

Felicitación



Ola nenos/as!!!
Déixovos esta felicitación para desexarvos que o 
ano 2017 vos traia moitas gañas de:

     soñar                                                              escoitar

                               ler                  pensar
           observar                                         aprender...

Espero que sigades visitando a nosa biblioteca e os que 

non o fixeches este ano,comecedes a facelo.

03/12/16

Formación de usuarios

Queres coñecer a túa biblioteca?
      Como buscar un libro?
      Saber por que hai tantas cores diferentes nos andeis?
Podes ler o seguinte documento co teu mestre.

10/11/16

Quen me pode axudar?


Ola. Vouvos contar:
Como  as  mestres non teñen moito tempo, eu propuxen que os nenos axudasen na biblioteca.

-Non credes que é una boa idea? Eu penso que siii!!!
Eu propuxen que nos recreos os rapaces colocasen os libros e pensei que era unha boa idea que tivesen algún distintivo para que todos soubesen quen eran os axudantes. 
Púxenme a traballar e fixen uns mandís para que me pintasen e logo me luciran.









Así que xa sabedes. 
Os nenos que nos recreos locen un mandil co meu retrato poden axudarvos  a  atopar  o libro que buscades ou poñer no seu sitio aquel que xa léstedes. 

Se todos axudamos conseguiremos que a nosa biblioteca funcione moito mellor.






07/11/16

Corre que temos libros novos



Temos libros novos!!!
Non  te  esquezas  de vir no recreo a ler.



24/10/16

A RATIÑA CONCHITA

Ola a toda a comunidade do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal.
Hoxe 24 de outubro de 2016, como celebración do día das bibliotecas escolares,comezamos este blog.
Estes días estivemos imaxinando como sería a nosa mascota e hoxe xa o decidimos.
Aquí a tendes :

ADRIANA VARELA 5ºA
  




       










Fun elixida entre moitas.

         


                      






                   




A partires de agora tratarei de levarvos por ese marabilloso mundos dos libros e déixovos un agasallo para celebralo.