10/11/16

Quen me pode axudar?


Ola. Vouvos contar:
Como  as  mestres non teñen moito tempo, eu propuxen que os nenos axudasen na biblioteca.

-Non credes que é una boa idea? Eu penso que siii!!!
Eu propuxen que nos recreos os rapaces colocasen os libros e pensei que era unha boa idea que tivesen algún distintivo para que todos soubesen quen eran os axudantes. 
Púxenme a traballar e fixen uns mandís para que me pintasen e logo me luciran.









Así que xa sabedes. 
Os nenos que nos recreos locen un mandil co meu retrato poden axudarvos  a  atopar  o libro que buscades ou poñer no seu sitio aquel que xa léstedes. 

Se todos axudamos conseguiremos que a nosa biblioteca funcione moito mellor.