Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións

08/05/26

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

 Bo día, Ratiñ@s

Na biblio nos estamos preprando para un dos días máis guais do ano. O Día Das Letras Galegas que se celebra cada 17 de maio. Nesta ocasión dedicámoslle esta conmemoración a Begoña Caamaño. Como non podía ser menos na biblio tendes dispoñible no estante de conmemoracións uns cantos libros para coñecer mellor a esta autora. Hai para todos os públicos! Ide mirar! 


04/05/26

RECOMENDACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO

 Bo día, Ratiñ@s

Xa temos todas as caixas na entrada. Fixestes un gran traballo!  O reto do día do libro está completamente superado! Noraboa! 

Agora toca intercambiar as lecturas e desfrutar coñecendo novas historias que seguro vos farán viaxar moi lonxe! 



10/04/26

HORTO URBANO NO COLE

Bo día, Ratiñ@s!

Na axenda 2030 dáselle moita importancia ao desenvolvemento sostible e á promoción duns hábitos de vida saudable, para contribuir a eles ocorreuseme montar un horto urbano para familiarizar aos nenos e nenas cos cultivos ecolóxicos e con diferentes froitas e verduras para incentivalos a probar cousas novas. 

Así que, puxémonos mans a obra e este ano no cole temos un pequeno horto urbano. Si, si, como estades a ler! Entre todos estamos cultivando coliflores, leitugas, tomates, pementos, ravos, flores... Mirade que fermosura! A min encántame ver como van crecendo as nosas plantiñas, pero sobre todo, o que máis me gusta é ese momento de recollelas e papalas!

Hei de recoñecer que ao principio non sabía moi ben o que tiña que facer, así que busquei na biblio algún libro que puidese axudarme. Déixovos aquí unhas recomendacións por se vós tamén queredes saber máis sobre como coidar unha horta!



 



17/12/25

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 Bo día Ratiños! 

Xa case estamos de vacacións! Deixovos unhas ideas para que incluades nas vosas cartas. Espero que desfrutedes moito destas lecturas de nadal!

Premede na imaxe para velas!

27/10/25

RECOMENDACIÓNS SAMAÍN

 Bo día, 

Estamos de festa no cole! Chega o Samaín! Por aquí deixo unha serie de recomendacións letoras para estes días! Están á vosa disposición para que os collades cando queirades! Que medo!

25/05/23

Recomendaciós verán

Está xa a piques de rematar o curso e por iso vos deixo estas recomendacións para que o pasedes  moi ben no verán pero non esquezas  ler un pouquiño.
FELIZ VERÁN!!!





 

16/06/19

Recomendacións verán 2019

Está xa a piques de rematar o curso e por iso vos deixo estas recomendacións para que o pasedes  moi ben no verán pero sen esqueser de ler un pouquiño.
FELIZ VERÁN!!!


20/06/18

Recomendacións do alumnado de 5ºB

 Hoxe no buzón de suxerencias atopei esta carta e fíxome moita ilusión saber que a miña casiña, a biblioteca ,está a facer un bo labor.
Moitas grazas para todos e especialmente a estes alumnos que traballaron moito.
FELICES VACACIÓNS

Buenos días. 
La clase de 5B agradece al equipo de biblioteca la labor de este curso. Nos gustaron mucho las nuevas lecturas, el proyecto del color, ser voluntarios en el recreo (a unos más que a otros), pero lo más importante es que supisteis motivarnos para despertar en nosotros el gusto por la lectura. Os dejamos unas recomendaciones para el verano. El vídeo no tiene una gran calidad pero lo hicimos con todo el cariño del mundo. 
Felices y merecidas vacaciones, y ya sabéis ...
“este verano...lee!”. 



15/06/17

Recomendacións verán

Está xa a piques de rematar o curso e gustaríame moito saber que o iniciado neste curso non o ides esquecer no verán. Por iso vos deixo estas recomendacións para que o pasedes  moi ben no verán pero non esquezades ler un pouquiño.

FELIZ VERÁN!!!



17/12/16

Felicitación



Ola nenos/as!!!
Déixovos esta felicitación para desexarvos que o 
ano 2017 vos traia moitas gañas de:

     soñar                                                              escoitar

                               ler                  pensar
           observar                                         aprender...

Espero que sigades visitando a nosa biblioteca e os que 

non o fixeches este ano,comecedes a facelo.