10/04/26

HORTO URBANO NO COLE

Bo día, Ratiñ@s!

Na axenda 2030 dáselle moita importancia ao desenvolvemento sostible e á promoción duns hábitos de vida saudable, para contribuir a eles ocorreuseme montar un horto urbano para familiarizar aos nenos e nenas cos cultivos ecolóxicos e con diferentes froitas e verduras para incentivalos a probar cousas novas. 

Así que, puxémonos mans a obra e este ano no cole temos un pequeno horto urbano. Si, si, como estades a ler! Entre todos estamos cultivando coliflores, leitugas, tomates, pementos, ravos, flores... Mirade que fermosura! A min encántame ver como van crecendo as nosas plantiñas, pero sobre todo, o que máis me gusta é ese momento de recollelas e papalas!

Hei de recoñecer que ao principio non sabía moi ben o que tiña que facer, así que busquei na biblio algún libro que puidese axudarme. Déixovos aquí unhas recomendacións por se vós tamén queredes saber máis sobre como coidar unha horta!