Amosando publicacións coa etiqueta Visita autores/as. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visita autores/as. Amosar todas as publicacións

30/04/26

HOXE RECIBIMOS A... REYES PÉREZ

Bo día, Ratiñ@s

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa biblio a Reyes  Pérez, autora do libro "Tía Papucha". Pasamolo xenial con ela! 

Os nenos e nenas de terceiro tiveron a sorte de ler esta obra na clase. Gustoulles moitísimo. Para agradecerlle a súa visita preparáronlle unha morea de debuxos cos que decoramos a biblio. Encantáronlle! 

Moitas grazas Reyes pola túa visita, estamos sempre encantados de recibirte. Podes volver cando queiras. 

Se queredes coñecer un pouco máis desta autora e da Tía Papucha podédes seguila en instagram.  Tia Papucha en INSTAGRAM


  


15/04/26

HOXE RECIBIMOS A... IRIA MISA

Bo día, Ratiñ@s!
Hoxe recibimos a visita de Iria Misa, autora de "Unha veciña de película". Os nenos e nenas de sexto puideron intercambiar impresións coa autora sobre a obra. Pasárono xenial no coloquio e levaronse unha moi boa impresión e un exemplar firmado! Que ilusión lles fixo. Moitas grazas por vir visitarnos! 



13/04/26

HOXE RECIBIMOS A... MARÍA CANOSA!

Bo día, Ratiñ@s! 

Hoxe recibimos na nosa biblio a María Canosa, autora de "A cazadora de Estrelas". Os nenos e nenas de cuarto tiveron o pracer de ler esta obra na clase para logo intercambiar impresión e charlar coa súa autora. Foi toda unha experiencia! O pasamos xenial lendo a historia de Megumi e aprendemos moitas cousas. 

Grazas María por vir visitarnos! Sempre terás as portas da nosa biblio abertas!


11/12/23

A Galiña Galiñola

Hoxe tivemos a visita da autora de A Galiña Galiñola, Adelaida Pitaluga, conto ilustrado por Ana Miranda.





Tamén podedes ler estes contos da mesma autora e que son moi divertidos.



13/05/22

Ánxela Loureiro


Hoxe a avoa de Leo veu a contarlle historias ao alumnado de 6º E.I.  e agasallounos  co libro "Lluvia de Ranas"  no que nos escribiu unha dedicatoria











29/03/22

Sabela Gago

 Hoxe visitounos Sabela Gago e fíxonos crear un conto









30/04/19

Fina Casalderrey

Hoxe e como reamte ao mes dos libros visitou o noso centro Fina Casalderrey para compartir co alumnado de 4º e tamén de 6º historias sobre os libros que este alumnado estivo lendo ao longo do mes de abril nas súas aulas.











 

Estes traballos os realizaron os alumnos de 4º







13/03/19

Visita Pedro Mañas

   



Hoxe estivo na nosa biblioteca co alumnado de 5º  Pedro Mañas, autor do libro
Apestoso tío Muffin
que nós limos con moito agrado. 



26/02/19

Visita de Sabela Gago

Hoxe tivemos connosco a Sabela Gago, gran amante do teatro que primeiro estivo co alumnado de Educación infantil













                        e despois cos rapaces de 5º  e 6º aos que fixo traballar












      Que ben o fixeron!!!


Cámbiache o conto

Hoxe na biblioteca o alumnado de 3º estivo con Chinto e Pinto,autor do conto "Cámbiache o conto"
que estivemos lendo este trimestre.

 

Visita de Anaí Rodríguez


O alumnado de 5º  estivemos lendo na Hora de Ler: "Pioneiras"


Hoxe tivemos a sorte de estar na biblioteca coa súa autora, Anaí Rodríguez que nos estivo contando como escribe e como se inspira para facelo.





















Por último fixémoslle preguntas que ela nos respondeu amablemente.