20/12/19

Postais solidarias




Este ano as postais de NADAL levámolas para casa pero a cambio de ser solidarios.
Tivemos que traer un kilo/litro de comida para poder escoller unha postal entre todas as que se fixeron.
A comida recollida doouse  ao BANCO DE ALIMENTOS.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola participación




 








 









 
 
 

25/11/19

24/11/19

Contos da clase lacito verde


Os mércores é o día do conto na clase do laciño verde…
Xa traballamos contos cantados como p coñecidísimo Pollo Pepe o Lúa de kalandraka. Da mesma colección  encantounos cocodrilo que nos axudou ademáis a clasificar por cores.
A qué sabe a lúa  axudounos a traballar en equipo. Con La oruga glotona e Pequeño azul e pequeño amarelo traballamos o arte: estampamos con globos a  oruga glotona no noso caderno de arte e fixemos mexturas con pequeño azul y amarelo (con pintura de dedo, con plastilina e  na lmesa de luz).
Polo Samaín coñecimos a…Fuera de aquí horrible monstruo verde e Aquiles o puntiño cos que coñecimos un poco as partes de noso corpo.
E agora estamos con algún que outro conto clásico como los tres cerditos cos que facemos teatro.