Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións

25/11/25

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Bo día, Ratiñ@s de lectura! 

Cada 25 de novembro detémonos a pensar, sentir e soñar xuntos por un mundo sen violencia de xénero, un mundo onde tod@s poidamos vivir en igualdade e con liberdade. E este ano… fixémolo dunha maneira máxica!

Comezamos lendo un conto que me encanta: Daniela Pirata. Que historia tan valente! Daniela demóstranos que non hai barreiras cando temos forza, ilusión e dereito a ser quen queremos ser. Mentres vos escoitaba ler, eu movía as miñas bigotiñas emocionada, porque Daniela ensínanos que ninguén pode dicirnos que non servimos para algo polo feito de ser nenas ou nenos. Todas as persoas podemos conquistar o noso propio mar!

Despois, fixemos unha actividade que me deixou o corazón pequeniño pero cheo de luz: escribimos nunha botella os nosos soños. Botellas de vidro transparente, coma se fosen pequenas cápsulas do tempo, gardaron mensaxes preciosas: desexos de paz, de igualdade, de respecto, de amizade sen medos nin violencias. Eu tamén escribín o meu soño (en letra pequeniña, que xa sabedes que as ratiñas non temos as mans moi grandes): “Quero un mundo onde ninguén teña medo e onde todas as persoas poidan ser felices e libres.”


Grazas por compartir comigo esta experiencia tan bonita. Entre todas e todos, coma fixo Daniela, podemos facer que o noso barco avance cara un futuro onde a igualdade non sexa un soño senón unha realidade.

Con moito agarimo e un chisquiño de queixo,

A Ratiña Conchita

24/11/19

Contos da clase lacito verde


Os mércores é o día do conto na clase do laciño verde…
Xa traballamos contos cantados como p coñecidísimo Pollo Pepe o Lúa de kalandraka. Da mesma colección  encantounos cocodrilo que nos axudou ademáis a clasificar por cores.
A qué sabe a lúa  axudounos a traballar en equipo. Con La oruga glotona e Pequeño azul e pequeño amarelo traballamos o arte: estampamos con globos a  oruga glotona no noso caderno de arte e fixemos mexturas con pequeño azul y amarelo (con pintura de dedo, con plastilina e  na lmesa de luz).
Polo Samaín coñecimos a…Fuera de aquí horrible monstruo verde e Aquiles o puntiño cos que coñecimos un poco as partes de noso corpo.
E agora estamos con algún que outro conto clásico como los tres cerditos cos que facemos teatro.

























 




 







24/10/19

Día das bibliotecas escolares




 Hoxe 24 de outubro,día das bibliotecas escolares, a nosa mascota a RATIÑA CONCHITA está de cumpreanos e para celebralo deixoulle aos nen@s de 4º de E.I.unhas cartas para que buscaran a súa casiña..





 Despois de atopala escoitaron un conto:























E recibiron as mochilas viaxeiras




22/06/19


Como remate das actividades levadas a cabo neste curso contamos coa actuación do alumnado de 4º que nos representaron: 

Carapuchña vermella e carapuchiña azul





A ratiña feroz



24/05/19

E para rematar a semana na que celebramos as LETRAS GALEGAS, os alumnos de 1ºEP contaron ao alumnado de Infantil,1º, 2º, 3º e 4º EP :                                     

O GRILO





O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS



03/05/19

Contos con pictogramas

Compartimos estes contos elaborados pola mestra de AL para traballar cos nenos de n.e.e contribuíndo así a facer máis grande a nosa biblioteca.


27/04/18

Contos de CORES

Agora que xa rematamos o libriño dos contos que nos deixou a Ratiña Conchita imoslle mostrar como nos quedaron.