21/03/17

DIA DA POESIA

Que leda estou!

Hoxe escoiteivos no patio recitando e cantando poemas.
                     Escoitei ata cantigas en francés!!!

Gloria Fuertes foi a mais escoitada pero non faltaron ni Rosalía  nin Pondal.
Seguide así que eu estou moi, moi feliz.


Musicando poemas

  Hoxe 21 de marzo celebraremos o día da poesía recitando e cantando poemas.

Pero para levar a cabo esta celebración estivemos traballando a poesía dende fai tempo, nas clases de lingua, galego e tamén de música.

Aquí podemos ver distintos vídeos con músicas e ritmos diferentes que crearon os alumnos/as de 4º, 5º, e 6º de educación primaria.






E cantando os alumnos de 2ºA e 2ºB.



14/03/17

A miña estancia



Que ben!!!
A partires de hoxe xa podo durmir comodamente!

Eu podo durmir, pero vós podedes vir ler nese recuncho tan confortable que temos.























Tamén temos un novo moble no que poñeremos os libros cos que imos traballar ,como neste caso libros de poesías.






























Pero coma nunha biblioteca o máis importante son os libros ,pois tamén vos deixei  libros novos.

Xa podedes ler MUJERES e MUJERES 2
                                              

08/03/17

Presentación dun libro



             

O martes 7 de marzo asistimos a presentación dun libro: MUJERES 2 ,segundo volume da colección MUJERES , coa escritora e ilustradora Isabel Ruíz.

                                                         

A presentación tivo lugar nunha libraría que ten un encanto especial : MOITO CONTO.





Nesta libraría hai libros para todas as idades pero o mundo infantil e xuvenil está tratado cun encanto que poucas librarías o teñen. 
Ademais  as libreiras aman o seu traballo e iso fai que ti tamén ames os libros.










Cando chegou Isabel  presentounos o libro  no que fala de 18 mulleres dos distintos ámbitos:poetas, científicas, pintoras… Mulleres que merecen o seu lugar na historia e que non merecen ser olvidadas.


Estivemos moi atentos ao que ela nos contou sobre estas mulleres e finalmente deixounos unha dedicatoria :


 





Pero algúns de nós tamén coñecíamos mulleres importantes e  Yaiza quixo falarnos de FRIDA KAHLO.


                 
























Foi unha experiencia que nunca disfrutáramos e que mereceu a pena.
Esperemos que as frases que Isabel recolle  destas mulleres nestes libros, nos faga a nós pensar e ilusionarnos para chegar a ser mulleres importantes na historia.















         

05/03/17

Día da muller traballadora

Ola!
O día 8 de marzo celébrase o día da muller traballadora.

Algúns din que a muller antes non traballaba pero mira ti por onde  descubrín que o nome do noso cole ,CONCEPCIÓN ARENAL é dunha muller moi importante  e que xa fai moitos, moitos anos ela si que traballou.
Traballou porque as mulleres non fosen tratadas coma obxectos ,fosen respectadas e puidesen ter unha educación.

Aquí vos deixo moita información de mulleres que foron importantes ao longo da historia, así coma dous libros que pronto poredes ver na biblioteca.

"Abrid escuelas y se cerrarán cárceles"