08/03/17

Presentación dun libro



             

O martes 7 de marzo asistimos a presentación dun libro: MUJERES 2 ,segundo volume da colección MUJERES , coa escritora e ilustradora Isabel Ruíz.

                                                         

A presentación tivo lugar nunha libraría que ten un encanto especial : MOITO CONTO.





Nesta libraría hai libros para todas as idades pero o mundo infantil e xuvenil está tratado cun encanto que poucas librarías o teñen. 
Ademais  as libreiras aman o seu traballo e iso fai que ti tamén ames os libros.










Cando chegou Isabel  presentounos o libro  no que fala de 18 mulleres dos distintos ámbitos:poetas, científicas, pintoras… Mulleres que merecen o seu lugar na historia e que non merecen ser olvidadas.


Estivemos moi atentos ao que ela nos contou sobre estas mulleres e finalmente deixounos unha dedicatoria :


 





Pero algúns de nós tamén coñecíamos mulleres importantes e  Yaiza quixo falarnos de FRIDA KAHLO.


                 
























Foi unha experiencia que nunca disfrutáramos e que mereceu a pena.
Esperemos que as frases que Isabel recolle  destas mulleres nestes libros, nos faga a nós pensar e ilusionarnos para chegar a ser mulleres importantes na historia.