Hoxe o alumnado de 6º EI actuou para os seus compañeiros de infantil.
Os nenos/as de 6ºA cantaron "A Santiago vou"
Biblioteca do CEIP Concepción Arenal. Fogar da Ratiña Conchita. Aberta todos os días para os ratiños e ratiñas do cole!
Hoxe o alumnado de 6º EI actuou para os seus compañeiros de infantil.
Os nenos/as de 6ºA cantaron "A Santiago vou"
Despois de tanto tempo, por fin vímonos todos as caras no patio.
Todo o alumnado do centro acudiu ao patio para cantar ou bailar e mentres nos íamos colocando cantamos a Rianxeira.
Agora o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Bailou a canción das Tanxugueiras que prepararon coa profe Eva.
“Sophie en el Camino”: Recurso Educativo sobre el Camino de
Santiago.
A Secretaria do Consello Xacobeo e OQO Editorial, en colaboración coa Xunta de Galicia, A Rioxa, Aragón e a Xunta de Castela e León, elaboraron o conto "Sophie en el Camino". Esta publicación dixital interactiva vai dirixida ao alumnado do Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria tendo como obxectivo dar a coñecer, na comunidade escolar, o Camiño de Santiago a vez de concienciar ao alumnado da súa gran riqueza patrimonial, ecolóxica e cultural.
A través das páxinas deste conto, coñecemos á nena francesa Sophie que, xunto
ao seu avó de orixe español, deciden percorrer o Camiño de Santiago. Asimesmo, o
conto ofrece a posibilidade de seguir o "Cuaderno de Fabio" que
relata as experiencias doutro peregrino que se une no camiño a Sophie e ao seu
avó a partires da cuarta etapa.
Hoxe presentamos o novo proxecto que imos a levar a cabo dende a biblioteca: