05/02/22

Camiño das estrelas (Camiño de Santiago)



Xa está todo preparado para o camiño,
meto as cousas que preciso con moito cariño.
Saco, bastón e unha cuncha na mochila
e a credencial que selan en cada vila.
 
Imos seguir as frechas que nos levan a Compostela.
Imos sentir as forzas que nos da o camiño...
 
Diversión, fatiga e boa compañía
é todo o que se precisa para ir pasando os días.
E xa, ao final, cando a meta está moi cerca
sinto que vou chegar ata a fin da terra.
 
Imos seguir as frechas que nos levan a Compostela.
Imos sentir as forzas que nos da o camiño...
 
Imos seguir as frechas que nos levan a Compostela.
Imos sentir as forzas que nos da o camiño... das estrelas.