Nesta 36 edición dos Premios GOYA, os pais de Ayax e Roan, alumnos
deste centro, gañaron o “Premio Goya” á mellor película de animación con
“Valentina”.
De forma desinteresada facilitáronnos a película e o alumnado de 3º
estivemos véndoa, posteriormente a traballamos nas nosas aulas a través dun libriño, centrándonos en que “Todos somos diferentes e tamén especiais”
como di Valentina. Todos podemos conseguir o que nos propoñamos se nos
esforzamos.
Os papás de Ayax viñeron ao cole e
contáronnos como se fai una película de
debuxos animados, canto se tarda en
creala…así como datos curiosos da mesma, animándonos a que nós tamén poñamos a imaxinación
a traballar.
Trouxéronnos o GOYA e a Ratiña
Conchita fíxose unha foto con él ao igual que moitos dos nenos/as.
Somos uns privilexiados, porque poucos
nenos/as poden vivir unha experiencia tan especial na súa vida.
Moitas grazas a Noa e Brandán por facernos vivir este “Momento de película”
contribuíndo a enriquecer os nosos intereses e a nosa imaxinación.