03/12/20

Día da discapacidade


A Comunidade Educativa do noso  Centro conta con persoas con diferentes discapacidades, tanto físicas como intelectuais, persoas  con necesidades especiais pero iguais aos ollos do resto do persoal. “SON UNHA MÁIS”.

Este día por ser tan especial foi  preparado con moita dedicación, sensibilidade e  cariño por parte de tod@s.



Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo:

-Visionamento de vídeos:

·         El cazo de Lorenzo

·         El color de las flores

·         El sueño de Pedro

-Charlas de persoas afectadas cunha discapacidade

·         Félix,( persoa con discapacidade visual) falounos da súa situación e percepción do mundo.


       


·   Lucía Díaz ( neta de persoas xordomudas), comentounos como se relaciona e comunica cos seus avós..

     
Elaboración de mensaxes positivas usando diferentes  linguaxes.

·         Mensaxes con pictogramas.




·         Mensaxes en Braille






















·  Mensaxes de xestos





 

                                              


O 3 de decembro pasará pero o resto do ano, NO NOSO CENTRO,

TOD@S SEGUIREMOS SENDO CAPACES.

 

“NON TEÑO UNHA DISCAPACIDADE,

TEÑO UNHA HABILIDADE DIFERENTE” (Robert M. Hensel)

25/11/20

25 de novembro

 Hoxe nas aulas celebramos a NON VIOLENCIA de distintas formas e na biblioteca a RATIÑA CONCHITA deixounos libros novos para que nos informemos, porque a información é a mellor ferramenta para loitar contra a violencia.




30/10/20

Samaín


Ademáis do concurso CONTOS QUE METEN MEDO este ano tivemos que decorar as cabazas no cole porque acordouse que non as trouxeran da casa.





















                                        
                                  












Entrga de premios


Clara Gonzalez 5ºA

Aula 6ºB E. I.




Aula 2ºA E.P.
 

Daniela Candal 3ºB

29/10/20

 

GAÑADORES DO CONCURSO CONTOS QUE METEN MEDO

     Ed. Infantil : Aula de 6ºB co conto “La momia marina”. 

1º ciclo : Aula de 2ºA co conto “A escola enfeitizada”.

2º ciclo: Daniela Candal co conto “Feliz Samaín”.

3º ciclo: Clara González Rodo co conto “Xan e a bruxa”.