Amosando publicacións coa etiqueta RATIÑA CONCHITA VIAXA EN GLOBO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RATIÑA CONCHITA VIAXA EN GLOBO. Amosar todas as publicacións

15/06/19

26/04/19

Lendas do mundo

Este ano cambiamos libros mil, por LENDAS  mil para celebrar o día do libro.
Para ires introducindo ao noso alumnado na búsqueda de información acordamos que fixesen unha recompilación de LENDAS polos distintos países do mundo.
Despois nas aulas na Hora de LER cada alumno leu aos seus compañeiros a súa lenda.


 







31/03/19

Viaxando ata Uganda

Na clase de 6º B de Ed. Infantil tivemos unha visita fantástica da que aprendimos moito.
A tía dun alumno, Leo Santomé veu a contarnos cousas dun país de África que se chama Uganda.
Bea vai alí todos os anos a unha escola a axudarlles aos nenos e nenas.
Trouxo moitas fotos e puidemos ver como son as casas, a escola, a comida e  os xoguetes dos nenos que eles mesmos fan.
Falounas das tarefas que realizan as nenas e nenos; como ir a por auga ou coidar dos irmáns pequenos. Chamounos moito a atención!

                                   
 

                                                 Fotos

Nós quixemos mandarlles un pequeno agasallo e cada un desprendeuse de tres rotuladores e fixólle un debuxo.
Bea marchou outra vez para África e agora os nosos debuxos e os nosos rotuladores están en África e o puidemos ver nas fotos que Bea nos enviou.







 




Como nos emocionamos ao comprobar que lles chegou!


Leo pola súa parte quixo ofrecer o seu calzado para os nenos máis pequenos xa que di que él non precisa tantos zapatos.

01/03/19

Entroido

Na viaxe que a RATIÑA realizará arredor do mundo terá que utilizar diversos medios de transporte para visitar as distintas cidades polas que pase  e por iso a biblioteca decorámola deste xeito:



                      






 

E no desfile do Entroido vestímonos de :


Ratiñas turistas:

    


Exploradores:
                                                                                                     









                                                                                                                               
 Mariñeiros


           

Gondoleiros

 

Londinenses








                   

Exipcios 


















e romanos