31/03/19

Viaxando ata Uganda

Na clase de 6º B de Ed. Infantil tivemos unha visita fantástica da que aprendimos moito.
A tía dun alumno, Leo Santomé veu a contarnos cousas dun país de África que se chama Uganda.
Bea vai alí todos os anos a unha escola a axudarlles aos nenos e nenas.
Trouxo moitas fotos e puidemos ver como son as casas, a escola, a comida e  os xoguetes dos nenos que eles mesmos fan.
Falounas das tarefas que realizan as nenas e nenos; como ir a por auga ou coidar dos irmáns pequenos. Chamounos moito a atención!

                                   
 

                                                 Fotos

Nós quixemos mandarlles un pequeno agasallo e cada un desprendeuse de tres rotuladores e fixólle un debuxo.
Bea marchou outra vez para África e agora os nosos debuxos e os nosos rotuladores están en África e o puidemos ver nas fotos que Bea nos enviou.







 




Como nos emocionamos ao comprobar que lles chegou!


Leo pola súa parte quixo ofrecer o seu calzado para os nenos máis pequenos xa que di que él non precisa tantos zapatos.