27/04/18

Contos de CORES

Agora que xa rematamos o libriño dos contos que nos deixou a Ratiña Conchita imoslle mostrar como nos quedaron.
 


 

 



 





24/04/18

Rincón do conto


Víchedes o recuncho tan acolledor que hai na miña casiña?
Moitos penso que si porque véxovos no recreo lendo, pero si sabedes de alguén que aínda non o viu, decídelle que veña e que pode sentarse a ler como fixo a mestra Fe.


 Foi inaugurado hoxe por un mestre  que amaba a súa profesión e que fixo que moitos rapaces leran asiduamente. Hoxe este mestre ten unha profesión que tamén lle gusta moito, ser avó e contarlle contos as súas netas.

 Cando lle dixen si quería vir a inaugurar o” RINCÓN” el aceptou e foi o alumnado de 1º o que escoitou o primeiro conto dende o “RINCÓN”.




Espero que teñades a ocasión de escoitar moitos máis contos e por suposto  eu vos animo a que vós tamén contedes contos aos vosos/as compañeiros/as.

23/04/18

Dia do libro.Contos polo alumnado

Hoxe para celebrar o día do libro o alumnado de 3ºA e 3ºB contáronlle contos ao alumnado de educación infantil.
3ºA: O galo Quirico e 3ºB: O coelliño branco



Tamén tres alumnas de 5ºB contarónlle :¿De que color es un beso?

Día do libro

O alumnado de educación infantil estivemos traballando ao longo do curso as CORES.
Hoxe, día do libro, expuxemos uns traballos onde os libros de cores están presentes pero tamén as cores nos autorretratos.
Aprendemos que uns temos o pelo negro, outros louro, outros castaño...Pero tamén a cor da pel é diferente.










 

 


Día do libro.Novedades


Hoxe día do libro,que mellor agasallo que unha morea de libros?

Como tal día coma hoxe pero fai xa moitos anos ,morreu ademais de Cervantes un home chamado Shakespeare, pensei que sería moi interesante que lerades na súa lingua.




Lecturas compartidas




Hoxe para celebrar o Día do libro o alumnado de 5º e 6º compartimos a Hora de Ler 
co alumnado do de 1º e 2º





                                                      LECTURAS COMPARTIDAS

 



20/04/18

O ilustrador.Abraham Carreiro

Hoxe visitounos o ilustrador Abraham Carreiro en colaboración co EDNL.

Pero porque tivemos esta visita?
Pois porque os nenos/as de 1º e 2º que están traballando os contos para o proxecto da COR  preguntaron quen  facían os debuxos dos contos e como os facían.

A sesión tivo lugar co alumnado de 5º e 6º  onde falaron non só do debuxo senón tamén da COR: primarias, secundarias, frías, quentes…












 


  Agora este alumnado irá contarllo aos pequenos.

16/04/18

Axente Riciños

Hoxe o alumnado de educación infantil fomos a biblioteca para que Iago López nos contase este conto:

axente riciños- hematocrito-9788491210559


Miguel López,coñecido literariamente polo seudónimo de El Hematocrítico é o seu autor e nel reconstrúe o coñecido conto da tradición británica Riciños de Ouro.