24/04/18

Rincón do conto


Víchedes o recuncho tan acolledor que hai na miña casiña?
Moitos penso que si porque véxovos no recreo lendo, pero si sabedes de alguén que aínda non o viu, decídelle que veña e que pode sentarse a ler como fixo a mestra Fe.


 Foi inaugurado hoxe por un mestre  que amaba a súa profesión e que fixo que moitos rapaces leran asiduamente. Hoxe este mestre ten unha profesión que tamén lle gusta moito, ser avó e contarlle contos as súas netas.

 Cando lle dixen si quería vir a inaugurar o” RINCÓN” el aceptou e foi o alumnado de 1º o que escoitou o primeiro conto dende o “RINCÓN”.




Espero que teñades a ocasión de escoitar moitos máis contos e por suposto  eu vos animo a que vós tamén contedes contos aos vosos/as compañeiros/as.