23/04/20

Día 23 de abril.DÍA DO LIBRO


Ola de novo!
Xa vexo que listedes a miña mensaxe e gustoume moito que algúns me enviarades xa as vosas recomendacións.
Vounas compartir con todos vós polo que podedes pinchar no enlace que vos deixo.
Animádevos os que aínda non o fixechedes.

Un bico moi grande para todos.


Recomendacións de LEO



Ola son Leo
.
O libro que máis me gusta é o da Princesa Primorosa porque o ilustrou a miña nai pero tamén os recomendo outros:






A Princesa Primorosa é un conto que fala da dunha
forma divertida,da importancia de unha boa hixiene,
moi importante nestes días.










Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez

22/04/20

Día do Libro


Oooola nenos/as!!!
Xa souben porque desaparecestes da miña casiña.
Non sabedes canto vos boto de menos!

Ben, pois como mañá é o Día do Libro propóñovos unhas  actividades  que podedes facer dende a casa.


·                 Gustaríame que me enviarades unha foto cun conto do que listedes nestes días ou un pequeno vídeo lendo un conto para compartir cos vosos compañeiros.
·          Poderiades contarme cousas destes días nos que quedaches na casa pero déixovos o modelo para facelo.


 Para que eu poda recibilos debedes envialos ao meu correo:
                           conchitarenal16@gmail.com  ou compartilos  no drive.