Amosando publicacións coa etiqueta Ilustrador. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ilustrador. Amosar todas as publicacións

20/04/26

HOXE RECIBIMOS A ... DANI MONTERO

  Ola, Ratiñ@s!

Que visita tan especial tivemos esta semana na nosa biblioteca! Recibimos a Dani Montero, o ilustrador da colección A Pandilla da Ardilla, e os nenos e nenas de 2º pasárono en grande con el! Ensinou aos nosos pequenos ratiños a debuxar os seus personaxes e fixeron xuntos un obradoiro de ilustración precioso.

Pero o mellor de todo foi o que lles prepararon os nenos e nenas como agasallo: os seus propios debuxos e unha maqueta con todos os personaxes da colección. Dani quedou sen palabras! Que sorte ter unha comunidade tan creativa e talentosa na nosa biblioteca! Grazas por vir! 



20/04/18

O ilustrador.Abraham Carreiro

Hoxe visitounos o ilustrador Abraham Carreiro en colaboración co EDNL.

Pero porque tivemos esta visita?
Pois porque os nenos/as de 1º e 2º que están traballando os contos para o proxecto da COR  preguntaron quen  facían os debuxos dos contos e como os facían.

A sesión tivo lugar co alumnado de 5º e 6º  onde falaron non só do debuxo senón tamén da COR: primarias, secundarias, frías, quentes…












 


  Agora este alumnado irá contarllo aos pequenos.