Ola, Ratiñ@s!
Que visita tan especial tivemos esta semana na nosa biblioteca! Recibimos a Dani Montero, o ilustrador da colección A Pandilla da Ardilla, e os nenos e nenas de 2º pasárono en grande con el! Ensinou aos nosos pequenos ratiños a debuxar os seus personaxes e fixeron xuntos un obradoiro de ilustración precioso.
Pero o mellor de todo foi o que lles prepararon os nenos e nenas como agasallo: os seus propios debuxos e unha maqueta con todos os personaxes da colección. Dani quedou sen palabras! Que sorte ter unha comunidade tan creativa e talentosa na nosa biblioteca! Grazas por vir!