25/05/18

Festa das Cores

Hoxe celebramos cunha festa o final do PDI: Ratiña Conchita vestirase de cores.
Queremos agradecer as familias a súa colaboración para poder levar a cabo esta festa.

Foron moitas as cousas que aprendemos sobre as cores ao longo deste proxecto e algunhas delas xa volas fomos contando.

Desfrutade coma os rapaces o fixeron estoupando os globos.


22/05/18

As cores na pintura


Agora que xa estamos case rematando o proxecto da COR queremos mostrar os traballos que nas clases de plástica (inglés) estiveron traballando sobre distintos pintores.










21/05/18

Ratiña Conchita vestiuse de cores



O alumnado de Educación infantil tamén traballou as cores Eles comezaron por ler contos e indagaron moito como se pode ver nestas imáxenes.