A proposta do EDNL acordouse nomear as aulas do centro co nome de personaxes galegos recoñecidos e hoxe comezamos por nomear a aula de música ou de usos múltiples co nome da MULLER pola que hoxe celebramos ese día:
ROSALÍA DE CASTRO.
Este ano as Letras dedícanse a Mª Victoria Moreno e tamén falamos dela e da súa obra.
Foi un día moi especial no centro pois houbo moito traballo das mestras co alumnado e hoxe podemos escoitar os seus froitos. Escoitamos poemas e moita música, destacando o alumnado de 4º de Educación infantil que o fixeron fenomenal. A súa profe merece un recoñecemento especial.
Pero tamén tivemos a sorpresa de descubrir a un compañeiro, Paco, que non sabíamos que tiña dotes de cantante e que foi acompañado por un violonchelista.
Levará a seguinte aula o nome do poeta da cantiga "Unha noite na eira do trigo"?
E sabes cal é o seu nome? Se non o sabes podes acudir á biblioteca e investigalo.