Hoxe día da PAZ
déixovos novos libros,
porque lendo moito
31/01/18
Día da paz
O día da Paz,rematamos de facer as grúas e de unilas para envíalas a Xapón.
Foi unha celebración diferente á
de todos os anos (non houbo pombas)pero que resultou moi positiva, xa que os
maiores fixeron de mestres dos pequenos e todos participamos na actividade.
E se non viches a portada do xornal en papel podes pinchar no enlace para ver :
28/01/18
Angelica Dass y el color de la piel
Aquiles o puntiño
22/01/18
Grúas pola PAZ
O próximo 30 de xaneiro
conmemórase o Día Escolar da Paz e a Non
Violencia e, para celebralo ( en colaboración co equipo de actividades
complementarias e extraescolares) pensamos unha proposta para realizar con todo
alumnado.
Recuperaremos unha antiga lenda xaponesa chamada, SENBAZURU,
que promete que calquera persoa que elabore mil grúas de papel, poderá pedir un
desexo, como por exemplo recuperarse dunha grave enfermidade, etc.
Realmente estas grúas de papiroflexia convertéronse nun
verdadeiro símbolo da paz en Xapón, debido a historia de Sadako, unha nena enferma de
leucemia a causa da radiación da bomba atómica.
Así que o
primeiro que fixemos foi ler o conto.
E agora estamos elaborando as grúas, coa axuda do alumnado de 5º que lles está ensinando os pequenos como facelas.
Encheremos o cole de CORES con todas as grúas que fagamos.
Se queres ler a historia pincha na imaxe:
Ou tamén podes:
14/01/18
Ratiña Conchita vestirase de CORES
Hoxe presentamos ao alumnado o proxecto que imos levar a cabo dende a biblioteca:
Ratiña Conchita vestirase de CORES.
O chegar as aulas tiñamos esta carta :
Érase unha vez o negro, o branco e outras cores.
Todos vivían en paz
e harmonía ata que un día decidiron
mesturarse.
E así naceron as cores:
·
primarias, secundarias, cálidas e frías.
·
da natureza :as estacións, alimentos,
árbores, animais, montes, mares…
·
das
persoas: negros, brancos, mestizos, indios(peles vermellas)…
Gustaríame
que xuntos aprendésemos moitas cousas
sobre as cores porque aínda que nunca o pensaras, AS CORES están presentes en
moitas cousas e teñen
moitos significados.
Eu
déixovos algunhas preguntas
para que comecedes a investigar:
-Cales son as cores primarias? E as
secundarias?
-Existen as cores frías? E as cálidas?
-Que é o círculo cromático?
-Como obtiñan as cores os cavernícolas? E hoxe en día?
-Para que utilizan os animais as súas cores?
-Hai moitas cores na natureza?
-E se non tivésemos SOL?
-Sabes que a psicoloxía tamén estudia AS
CORES?
-Cantas cores hai na pintura!!! Como foi a evolución da pintura ao longo dos séculos?
Como ves poderás
aprender moitas cousas a partires
das CORES. So tes que poñer un
pouquiño de interese.
Por certo
que nos contos, na poesía, na música…tamén AS CORES están moi presentes :
Carapuchiña Vermella, O coelliño branco, El
libro negro de los colores, O arco da vella(Manuel Mª),Las 4
estaciones(Vivaldi). Acuarela, De colores
se visten los campos, …
Para desenvolver este proxecto a biblioteca decorouse con Cores e seleccionáronse libros:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)