O próximo 30 de xaneiro
conmemórase o Día Escolar da Paz e a Non
Violencia e, para celebralo ( en colaboración co equipo de actividades
complementarias e extraescolares) pensamos unha proposta para realizar con todo
alumnado.
Recuperaremos unha antiga lenda xaponesa chamada, SENBAZURU,
que promete que calquera persoa que elabore mil grúas de papel, poderá pedir un
desexo, como por exemplo recuperarse dunha grave enfermidade, etc.
Realmente estas grúas de papiroflexia convertéronse nun
verdadeiro símbolo da paz en Xapón, debido a historia de Sadako, unha nena enferma de
leucemia a causa da radiación da bomba atómica.
Así que o
primeiro que fixemos foi ler o conto.
E agora estamos elaborando as grúas, coa axuda do alumnado de 5º que lles está ensinando os pequenos como facelas.
Encheremos o cole de CORES con todas as grúas que fagamos.
Se queres ler a historia pincha na imaxe:
Ou tamén podes: