Hoxe presentamos ao alumnado o proxecto que imos levar a cabo dende a biblioteca:
Ratiña Conchita vestirase de CORES.
O chegar as aulas tiñamos esta carta :
Érase unha vez o negro, o branco e outras cores.
Todos vivían en paz
e harmonía ata que un día decidiron
mesturarse.
E así naceron as cores:
·
primarias, secundarias, cálidas e frías.
·
da natureza :as estacións, alimentos,
árbores, animais, montes, mares…
·
das
persoas: negros, brancos, mestizos, indios(peles vermellas)…
Gustaríame
que xuntos aprendésemos moitas cousas
sobre as cores porque aínda que nunca o pensaras, AS CORES están presentes en
moitas cousas e teñen
moitos significados.
Eu
déixovos algunhas preguntas
para que comecedes a investigar:
-Cales son as cores primarias? E as
secundarias?
-Existen as cores frías? E as cálidas?
-Que é o círculo cromático?
-Como obtiñan as cores os cavernícolas? E hoxe en día?
-Para que utilizan os animais as súas cores?
-Hai moitas cores na natureza?
-E se non tivésemos SOL?
-Sabes que a psicoloxía tamén estudia AS
CORES?
-Cantas cores hai na pintura!!! Como foi a evolución da pintura ao longo dos séculos?
Como ves poderás
aprender moitas cousas a partires
das CORES. So tes que poñer un
pouquiño de interese.
Por certo
que nos contos, na poesía, na música…tamén AS CORES están moi presentes :
Carapuchiña Vermella, O coelliño branco, El
libro negro de los colores, O arco da vella(Manuel Mª),Las 4
estaciones(Vivaldi). Acuarela, De colores
se visten los campos, …
Para desenvolver este proxecto a biblioteca decorouse con Cores e seleccionáronse libros: