Nesta 36 edición dos Premios GOYA, os pais de Ayax e Roan, alumnos deste centro, gañaron o “Premio Goya” á mellor película de animación con “Valentina”.
Os papás de Ayax viñeron ao cole e contáronnos como se fai una película de debuxos animados, canto se tarda en creala…así como datos curiosos da mesma, animándonos a que nós tamén poñamos a imaxinación a traballar.
Trouxéronnos o GOYA e a Ratiña
Conchita fíxose unha foto con él ao igual que moitos dos nenos/as.
Somos uns privilexiados, porque poucos
nenos/as poden vivir unha experiencia tan especial na súa vida.
Moitas grazas a Noa e Brandán por facernos vivir este “Momento de película” contribuíndo a enriquecer os nosos intereses e a nosa imaxinación.








