Biblioteca do CEIP Concepción Arenal. Fogar da Ratiña Conchita. Aberta todos os días para os ratiños e ratiñas do cole!
20/05/17
Letras Galegas
Como todos os anos celebramos no noso cole o día das Letras Galegas. En colaboración co equipo de dinamización da lingua galega traballamos a Carlos Casares, escritor que este ano é homenaxeado.
Na biblioteca expuxemos os seus libros e finalmente algúns traballos feitos polo alumnado.
Sergio 6ºEI
5º EI
Ademais o EDL preparou contos co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que na hora de ler compartiron nas distintas aulas.