Bo día, Ratiñ@s!
Onte celebramos o 8M pero como non tivemos cole por ser domingo, hoxe invitei aos nenos e nenas de 4º a ler o xornal o Papagaio con información fresca sobre este día. Por qué se celebra, dende fai canto tempo, porqué e importante, etc. Ademais, recolle moitas historias de mulleres valentes que loitaron polos dereitos de todas.
Estou moi contenta porque a verdade que vinos moi interesados no tema e algún nen@ incluso quixo levar para casa libros da temática para profundizar sobre o tema.
Por se aínda non o sabedes a igualdade de xénero é un dos obxectivos que contempla a Axenda 2030 é por iso e tan importante conmemorar este día.
Grazas por vir pequenos amig@s letores!
