Fixeron un gran traballo estes pequen@s ratiñ@s facéndonos reflexionar sobre a improtancia da igualdade de xénero, que non hai deportes de homes nin de mulleres e que todas e todos podemos conseguir o que nos propoñamos se nos esforzamos.
Se queredes saber máis sobre esta muller deixámosvos a presentación que elaboraron os nenos e nenas de cuarto con fotos e vídeos. Só hai que premer na imaxe! Esperamos que vos guste moito!
Ademais, invitáronnos a participar na elaboración dun mural coletivo "CORRENDO CARA A IGUALDADE" deseñando deportivas con mensaxes en prol da igualdade. Foi unha actividade tan ben acollida e a que tantos nenos/as se sumeron que tiveron hasta que facer dous murais. Quedaron preciosos! Mirade as fotos!


