Moi boas, ratiños e ratiñas…
Teño algo moi importante que contarvos! Sabedes aquel buzón tan especial que puxemos na biblioteca para escribirlle a Papá Noel? Pois quero dicirvos un segredo… As vosas cartas viaxaron moi lonxe e foron escoitadas con moita atención. E grazas ás vosas ideas e aos vosos soños lectores, hoxe a nosa biblioteca está chea de libros novos que estaban desexando coñecervos.
Así que xa sabedes: pasade pola biblio, buscade, mirade, lede e soñade sen parar. Estes libros son vosos, porque foron elixidos por vós
