16/01/26

CERTAME LITERARIO: ROSALÍA SEMPRE VIVA

 Bo día, Ratiñ@s!

A Casa Manuel María convocou recentemente o concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva" en Outeiro de Rei o 7 de marzo de 2026 e invitou ao noso cole a participar. Con isto buscan perpetuar a obra de dous famosos escritores das nosas letras, Rosalía de Castro e Manuel María. 

Debido a isto, os días 4 e 5 de febreiro teremos no noso cole un certame previo cuxo gañador ou gañadora terá a oportunidade de participar na final en Outeiro de Rei. Para participar so tendes que anotarvos e memorizar unha pequena parte dun poema de Rosalía de Castro ou Manuel María. O xurado escollerá entre todos a aqueles que reciten con entoación e sensibilidade. 

Animádevos a participar! Pasarémolo xenial! Ademais, haberá un premios especial para os gañadores/as. Eu xa estou ensaiando. Credes que admitirán ratiñas coma min? Estou entusiasmada!

Saúdos Ratiñ@s!