23/10/25

DESASTRE TOTAL: AS MOCHILAS VIAXEIRAS NON SE PODEN ABRIR

 Ola, Ratiñ@s lector@s!

Seica mañá e o día das Bibliotecas escolares. Lembrades que ía repartirvos as mochilas viaxeiras? Pois ocorrue un desastre! Algo que nin nos contos de medo se podería imaxinar! 😱

Todo comezou cando a lúa chea se agochaba entre as nubes e un vento frío entrou pola fiestra. Eu estaba a revisar os estantes cando de súpeto… PLAF! As mochilas dos nenos comezaron a tremer e a moverse soas! Apareceu un espírito errante berrando ante a chegada do Samaín. Díxome que non soporta os libros nin as lecturas, que quere que ninguén volva abrir as mochilas cheas de historias, cadernos e soños.

Eu, por suposto, non podía permitir tal cousa! Así que saquei toda a miña valentía de ratiña e, tras unha longa loita de ronseis e pó máxico, conseguín detelo. Pero antes de desaparecer, o espírito deixou o seu último feitizo: 🔒 Puxo un candado encantado nas mochilas, e agora... non se poden abrir!

Por sorte, deixoume unha pista: o candado só se abrirá se o alumnado supera catro probas que poñerán a proba a vosa imaxinación, a vosa curiosidade e, sobre todo... o voso amor polos libros 📖💫.Así que necesito a vosa axuda, aventureiros e aventureiras da lectura. ¿Estades preparados para axudarme a romper o feitizo e liberar as mochilas?

Con moito cariño e un chisco de medo,
A vosa Ratiña Conchita 🐭💜